Publicada a resolución de axudas a persoas autónomas para a contratación indefinida de persoas asalariadas
O xoves 5 de outubro de 2017 ven de publicarse no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).