Últimos días da convocatoria aberta do programa Reacciona do IGAPE
Ata o vindeiro 25 de maio aínda é posible para as persoas autónomas interesadas acollerese á vixente oferta de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas convocada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e no marco do Programa Reacciona.
Esta iniciativa pon a disposición do emprego autónomo, entre outros destinatarios, un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nos negocios.
Máis información sobre o programa, a actual convocatoria e as solicitudes neste enlace.