Convocatoria da EGAP de cursos de PRL, nivel básico, para persoas traballadoras por conta propia

O DOG ven de publicar a convocatoria dos cursos de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Estes cursos son froito dos convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocándose dous cursos en materia de prevención de riscos laborais:

Código: CV19010. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga. Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

• Código: CV19011.  Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico. Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Máis información neste enlace á publicación no DOG