Lanzamento da nova liña ICO Empresas e Emprendedores 2019

O Instituto de Crédito Oficial (ICO) ten aberta xa a nova liña ICO Empresas e Emprendedores 2019, para as necesidades de financiamento a persoas traballadoras autónomas.

A través desta liña, o ICO pon a disposición das persoas autónomas fórmulas para o financiamento tanto de proxectos de investimento como de necesidade de liquidez.

Para beneficarse desta liña de financiamento, o ICO actúa en colaboración coas entidades de crédito adheridas, de tal xeito que así, o ICO achega os fondos e as entidades son as encargadas da tramitación, o estudo e a aprobación das operacións nas condicións establecidas.

Os conceptos financiables se centran, neste caso, nos proxectos empresariais ou necesidades de liquidez dentro do territorio nacional na modalidade de préstamo, leasing, renting ou liña de crédito.

O tipo de interese pode ser fixo ou variable cun prazo de amortización de entre 1 e 20 anos, coa posibilidade de ata 3 de carencia en función dos prazos.

Máis información neste enlace