Nova convocatoria da EGAP de cursos de PRL, nivel básico, para persoas traballadoras por conta propia

O DOG ven de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de tres edicions dun curso de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, persoas traballadoras por conta allea ou autónomas, persoas empresarias ou persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de agosto ao 4 de setembro de 2019 e o curso desenvolverase do 24 de setembro ao 21 de novembro de 2019.

Este novo curso é froito do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocándose un curso en materia de prevención de riscos laborais:

Código: CV19052. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga. O obxectivo do curso é proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais. O curso impartirase en modo teleformación e conta cunha duración de 60 horas por edición e cun máximo de 75 prazas por edición.

Máis información no seguinte enlace:

Información curso