10 espazos de coworking para máis de 200 persoas emprendedoras de Galicia grazas á Xunta e á EOI
Máis de 200 persoas emprendedoras galegas poderán recibir formación e asesoramento gratuíto nos dez espazos de coworking que en datas próximas comezarán as actividades da súa nova convocatoria e para os que se vén de abrir o prazo de inscrición, que remata o 30 de novembro.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria reforza nesta edición a súa aposta polo emprendemento coa posta en marcha de tres novos espazos en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).
Así, xunto cos xa activos, estarán en funcionamento un total de 10 coworking que, cun orzamento dun millón de euros, facilitarán o desenvolvemento de máis de 200 iniciativas empresariais.
Os tres novos espazos acelerarán proxectos relacionados con actividades específicas. Así, o coworking do Ribeiro, situado no concello ourensán de Cenlle, promoverá a agroalimentación, o turismo rural e a economía circular, mentres que o de Palas de Rei (Lugo) se centrará no Camiño de Santiago para fomentar o emprendemento na ruta xacobea. O espazo que se abrirá no Morrazo, en Moaña, impulsará a procura de novas oportunidades a persoas emprendedoras e empresarias relacionadas co sector naval.
As novas aceleradoras súmanse ás xa en funcionamento en edicións anteriores, abertas na Mariña lucense (con sede en Mondoñedo); A Ribeira Sacra (Monforte de Lemos); Terras da Limia (Celanova); A Costa da Morte (Cabana de Bergantiños); Santiago de Compostela, Ferrolterra (CIS Galicia en Ferrol) e O Salnés (Vilanova de Arousa).
A rede de espazos coworking impulsada promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.
Durante o programa, cada proxecto de negocio disporá de 40 horas de tutorías individualizadas e máis de 12 talleres específicos de emprendimiento en cada un dos Espazos Coworking. Ademais, as persoas emprendedoras recibirán tutorías enfocadas ao desenvolvemento de cada unha das súas propostas, da man de máis de 50 profesores especialistas de forma totalmente gratuíta.
Máis información no seguinte enlace