Venres Autónomos en Pontevedra. Seguinte encontro o 20 de marzo
O próximo 20 de marzo, a partir das 9.30 h, terá lugar en Pontevedra o sexto dos encontros dos Venres Autónomos, unha iniciativa que se está a desenvolver en diferentes localidades galegas e coa que a Consellería, Emprego e Industria dá continuidade aos encontros celebrados en anos anteriores co obxectivo de xerar sinerxías entre profesionais dunha mesma zona xeográfica.
As persoas autónomas asistentes poderán presentar a súa actividade, compartir experiencias, coñecementos, ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos seus proxectos.
Dadas as novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, a celebración do Venres Autónomos en Pontevedra posponse ata nova data, quedando pechada a inscrición ata ese momento. Moitas grazas