Novas liñas Reactiva Comercio e Reactiva Seguros: Aberto o prazo de presentación de solicitudes
A Xunta vén de activar as novas liñas de axudas Reactiva Comercio e Servizos Seguros, destinadas a destinadas a impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes. Autónomos e pemes poderán solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos dous programas.
A tramitación realizarase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.
As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.
Máis información nos seguintes enlaces: