Publicada a orde que regula o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións xerais 2023

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 12 de xuño de 2023 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións xerais ao Congreso e ao Senado, convocadas para o día 23 de xullo de 2023 polo Real decreto 400/2023, do 29 de maio, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións.

Nela establécense os permisos para as persoas traballadoras por conta allea electoras, o permiso para votar por correo e o permiso para as persoas integrantes das mesas electorais e coa condición de apoderadas.

En concreto, define o permiso para votar por correo para aquellas persoas traballadoras por conta allea que teñan previsto que na data da votación non se encontren na localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poidan exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, Nese caso, disporán, no seu horario laboral, de ata catro horas libres, para que poidan formular persoalmente a solicitude do certificado de inscrición no censo, así como para efectuar a remisión do voto por correo.

E, no caso das persoas integrantes das mesas electorais, tanco como presidente/a ou vogal, a Orde establece un permiso durante o día da votación, dun permiso retribuído de xornada completa, se non gozan en tal data de descanso semanal, e terán dereito, en todo caso, a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. Ademais, se algunha destas persoas traballadoras ten que traballar na quenda de noite na data inmediatamente anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite.