Selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate - III Edición


  • 06/09/2021
  • 06/11/2023
Accede dende aquí

TR320B - Selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate - 2021

Data de publicación: 06/09/2021

Data inicio de solicitude: 07/09/2021

Data remate de solicitude: Ata completar as prazas dispoñibles


Aviso importante! A convocatoria pecharase no momento en que se cubran todas o máximo de prazas dispoñibles.

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate na súa edición de 2021.

Características dos servizos

As persoas beneficiarias optarán aos seguintes servizos do Programa:

1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.

2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e nas ferramentas da RSE. Asemade, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.

3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.

Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

2. Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.

3. Non ser entidades sen ánimo de lucro.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 6 Setembro, 2021
Válido ate: 
luns, 6 Novembro, 2023