Programa Impacto Autónomo - 2023


  • 04/01/2023
  • 09/02/2023
Accede dende aquí

TR890A - Programa Impacto Autónomo - 2023

Data de publicación: 04/01/2023

Data inicio de solicitude: 09/01/2023

Data remate de solicitude: 09/02/2023

Infografía explicativa

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do programa Impacto Autónomo, dirixidas a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos das materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a súa actividade económica.

Características da axuda

A contía das axudas establécese en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes conforme a seguinte escala:

a) Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe da axuda será de 800 €.

b) Para persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rendas, e outros réximes:

– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.

– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.

c) Para microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:

– Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 € e un máximo de 250.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.

– Cunha facturación superior a 250.000 € no ano 2021 e ata un máximo de 750.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.

Os importes previstos indicados reduciranse ao 50 % no caso de persoas autónomas de tempada e no caso de persoas autónomas, microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís que se desen de alta ao longo do ano 2021 e non acrediten 12 meses completos de actividade.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.

2. As persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.

3. As microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 € no mesmo ano 2021.

As persoas ou entidades sinaladas nos anteriores apartados 1, 2 e 3 que desenvolvan a actividade en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación desta axuda.

Deseño do cartel para dar publicidade da axuda de Impacto Autónomo recibida

Modelo segundo se establece no artigo 20.1.f da orde que regula a convocatoria


Publicación DOG

Corrección erros

Ficha sede electrónica

Válido dende: 
mércores, 4 Xaneiro, 2023
Válido ate: 
xoves, 9 Febreiro, 2023