Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade - 2023


  • 10/02/2023
  • 10/03/2023
Accede dende aquí

TR357C - Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade - 2023

Data de publicación: 10/02/2023

Data inicio de solicitude: 11/02/2023

Data remate de solicitude: 10/03/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral.

Características da axuda

Poderán ser obxecto de subvención, ben de maneira conxunta ben por separado, os seguintes conceptos:

a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero.

b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa.

c) Os custos derivados da implantación das medidas previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade para o seu primeiro ano de vixencia. Non poderá solicitarse axuda por este concepto na mesma convocatoria en que se soliciten os supostos a) e b).

d) A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e, como mínimo, dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.

A contía da axuda podderá ascender:

a) Ata o 80 % dos custos que comporte o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.

b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.

c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.

d) Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade, sendo compatible coas axudas previstas nas letras a), b) e c).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea (como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49) con domicilio social e centro de traballo en Galicia , calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

As solicitantes deberán estar nalgún dos supostos seguintes:

a) Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.

b) Cando a empresa implante, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.

Válido dende: 
venres, 10 Febreiro, 2023
Válido ate: 
venres, 10 Marzo, 2023