Axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción de Galicia - Liña 2 investimento produtivo


  • 15/01/2025
  • 30/04/2025
Accede dende aquí

IG300I - Axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción de Galicia - Liña 2 investimento produtivo

Data de publicación: 14/01/2025

Data inicio de solicitude: 22/01/2025

Data remate de solicitude: 30/04/2025

Obxecto

A concesión de axudas destinadas a apoyar á industria da automoción galega dentro do Plan de Apoio á Descarbonización e Transición ao Vehículo Eléctrico do Sector da Automoción de Galicia, mediante apoios ao investimento produtivo.

Características da axuda

1ª. Axudas a pemes para as seguintes tipoloxías de proxecto que serán, en todo caso, realizados por unha única entidade e nunha única localización:

a) Creación dun novo establecemento: inicio dunha nova actividade industrial.

b) Modificación de liñas de produción: realización de investimentos en aparellos e equipos, así como a adquisición de activos fixos materiais para a implementación de solucións de hibridación do mundo físico e dixital (sistemas intelixentes, low-end e embebidos, sensores, wearables, e-tags, realidade virtual e impresión 3D, robótica e vehículos non tripulados dentro do establecemento industrial) que integren polo menos unha liña de produción completa, destinadas a:

i. A ampliación da capacidade dun establecemento existente;

ii. A diversificación da produción nun establecemento en produtos que anteriormente non se producían no establecemento; ou ben

iii. A transformación fundamental no proceso global de produción do establecemento.

2º. Axudas a grandes empresas para as seguintes tipoloxías de proxecto que serán, en todo caso, realizados por unha única entidade e nunha única localización:

Creación dun novo establecemento: inicio dunha nova actividade industrial.

Investimentos iniciais en favor dunha nova actividade económica: realización de investimentos en aparellos e equipos, así como a adquisición de activos fixos materiais para a implementación de solucións de hibridación do mundo físico e dixital (sistemas intelixentes, low-end e embebidos, sensores, wearables, e-tags, realidade virtual e impresión 3D, robótica e vehículos non tripulados dentro do establecemento industrial) que integren polo menos unha liña de produción completa, destinadas á diversificación da produción nun establecemento, a condición de que a nova actividade non sexa unha actividade idéntica ou similar á realizada anteriormente no establecemento.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.

Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
mércores, 15 Xaneiro, 2025
Válido ate: 
mércores, 30 Abril, 2025