Subvencións para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave - 2025
- 29/01/2025
- 30/09/2025
-
Etapa
TR301X - Subvencións para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave - 2025
Data de publicación: 29/01/2025
Data inicio de solicitude: 5/02/2025
Data remate de solicitude: 30/09/2025
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar a segunda convocatoria de subvencións para a realización de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, destinadas a persoas traballadoras ocupadas.
As subvencións terán como finalidade o financiamento das especialidades formativas relacionadas no anexo III e estarán dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais con impacto no mercado laboral conducentes a unha formación formal total ou parcial incluída nun certificado profesional, ou á adquisición de competencias clave.
Características da axuda
A acción formativa está constituída polo contido específico da especialidade formativa que se vai impartir e polos módulos formativos transversais a que se refire esta orde. Para os efectos desta orde, entenderase con carácter xenérico como especialidade formativa calquera oferta do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, ou calquera competencia clave, que se vaia impartir nunha acción formativa.
En todas as accións formativas subvencionadas ao abeiro da presente orde será obrigatoria a impartición dos módulos transversais establecidos no número 1 e, de ser o caso, no número 2 do artigo 30 da orde de bases reguladoras do 13 de agosto de 2024.
Independentemente da modalidade de impartición en que se desenvolva a parte específica da acción formativa, os módulos transversais, coa excepción do disposto no número 2 do artigo 30 da orde de bases reguladoras en relación co módulo de prevención de riscos laborais, poderán impartirse na modalidade virtual.
A modalidade de impartición do módulo formativo transversal non poderá ser obxecto de modificación con respecto á establecida na resolución de concesión da subvención.
A impartición dos módulos formativos transversais requiriralle ao alumnado participante que supere unha proba final de aptitude.
As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras ocupadas.
A consideración de persoa traballadora ocupada virá determinada pola súa situación laboral referida á data de validación da acta de selección polas oficinas de emprego. As persoas traballadoras ocupadas que accedan á situación de desemprego cando se encontren en período formativo poderán seguir participando na acción formativa que están cursando.
As accións formativas deberán comezar no prazo máximo dun mes, contado desde a data de notificación da resolución de concesión, e requirirán a validación previa do persoal técnico da unidade administrativa competente, a través da aplicación informática SIFO.
A data límite para o remate das accións formativas desta segunda convocatoria será o 29 de novembro de 2025.
A concesión e xustificación das subvencións concedidas realizarase a través do réxime de módulos económicos.
Para os efectos de aplicar o dito réxime, a determinación da contía dos módulos económicos específicos das distintas especialidades formativas que se van ofertar establecerase na convocatoria e de acordo co disposto no artigo 3 e no anexo I da orde EFP/942/2022.
O cálculo do importe dos módulos específicos efectuarase conforme criterios obxectivos en atención aos valores medios de mercado dos distintos compoñentes dos custos directos e indirectos da actividade formativa, en función da familia profesional, área profesional ou especialidade formativa, así como da modalidade de impartición.
Para os efectos do previsto na Orde, enténdese por módulo económico o custo por participante e hora de formación que poderá ser obxecto de financiamento público.
A contía da subvención que se vai conceder por cada acción formativa calcularase en función do número de persoas participantes previsto, do número de horas do programa formativo e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación recollidos, para cada familia ou área profesional, ou especialidade formativa, e en función da modalidade de impartición, no anexo III da convocatoria.
Na modalidade presencial, o módulo económico euro/hora por persoa alumna aplicable a esta convocatoria será o establecido, para cada especialidade formativa, no anexo III. Nas especialidades formativas impartidas na modalidade virtual será de aplicación o 70 % do importe do módulo económico presencial euro/hora por persoa alumna, cunha contía máxima de 6 €.
Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade establécese un custo unitario de 16 € por hora lectiva.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as empresas e as entidades sen ánimo de lucro que, con anterioridade á data de presentación da solicitude de subvención, estean acreditadas ou, de ser o caso, inscritas para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C e/ou as competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.
As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir as ofertas de formación profesional dos graos A, B e C, ou as especialidades formativas de competencias clave, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, no caso de que a formación se imparta na modalidade virtual, no correspondente rexistro estatal.