Primeira convocatoria C-Voucher para acelerar a economía circular
C-VoUCHER é a primeira iniciativa financiada a través do programa europeo Horizonte 2020, para reorganizar e redeseñar cadeas de valor liñais en circulares.
Esta primeira convocatoria céntrase no ámbito de cinco industrias tradicionais:
► Agroalimentaria
► Saúde
► Crecemento azul
► Fabricación
► Textil
Para elo, C-VoUCHER distribuirá 4,2 millóns de euros para pemes a través de 4 convocatorias.
A primeira destas convocatorias busca pemes que queiran crear modelos de negocio sostibles usando metodoloxías de design thinking e implementando novas tecnoloxías.
O programa C-VoUCHER ofrece:
► Ata 60.000€ de financiamento por peme
► Un programa de aceleración de 9 meses (Programa de circularidade para pemes clásicas)
► Apoio personalizado Tailored Designer-in-Residence support
►Titorización de negocios e oportunidades de financiamento adicionais (públicas e privadas)
► Implementación de tecnoloxía
Máis información neste enlace