Lanzamento da convocatoria para a aceleradora de proxectos de economía social ES-CONECTA
A Secretaría Xeral de Emprego ven de lanzar a convocatoria para participar na aceleradora de proxectos de economía social ES-CONECTA, que busca reducir os riscos e os tempos de posta en marcha e consolidación de proxectos empresariais de economía social.
Trátase dun programa intensivo de catro meses de duración para achegar ás persoas promotoras de proxectos de economía social ou ben ás empresas xa constituídas e que queiran ampliar as súas liñas de negocio, da eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal, formación, asesoramento e titorización especializada, baixo a supervisión dun equipo de especialistas.
O programa, enfocado ao espazo transfronteirizo, desenvolverase en Vigo e estará aberto a todo tipo de sectores relacionados coa economía social.
Dentro dos obxectivos do programa se atopan os seguintes:
- Fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e experiencias
- Garantir o éxito do desenvolvemento das actividades
- Avaliar, medir e formar as persoas emprendedoras
- Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking
- Fomentar o ecosistema emprendedor
A inscrición poderá formalizarse ata o vindeiro 23 de xaneiro a través do seu portal web esconecta.com