Publicado o calendario laboral coas festas da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2020
A Xunta de Galicia ven de publicar o pasado 12 de xullo o Decreto polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma dentro do calendario laboral para o ano 2020.
Deste xeito, se definen como festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia as seguintes datas:
- 1 de xaneiro: Aninovo
- 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (Día de Reis).
- 19 de marzo: Día de San Xosé.
- 9 de abril: Xoves Santo.
- 10 de abril: Venres Santo.
- 1 de maio: Festa do Traballo.
- 24 de xuño: San Xoán.
- 25 de xullo: Santiago Apóstolo-Día Nacional de Galicia.
- 15 de agosto: Asunción da Virxe.
- 12 de outubro: Festa Nacional de España.
- 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
- 25 de decembro: Nadal.