Xornadas de formación "Informa, apoia e asesora en economía social"
A Consellería Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo, organiza no mes de febreiro a xornada "Informa, apoia e asesora en economía social", unha iniciativa de fomento da economía social e as súas fórmulas de emprendemento como xeradoras de emprego e de empresas de calidade.
A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego, orientadores laborais, persoal técnico do IGAPE, persoal técnico dos Grupos de Desenvolvemento Rural e dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, que terá lugar nas seguintes localizacións e datas:
LOCALIZACIÓN | DATA |
---|---|
Foz | 4 de febreiro |
Lugo | 5 de febreiro |
Santiago de Compostela | 7 de febreiro |
O Barco de Valdeorras | 11 de febreiro |
Vigo | 13 de febreiro |
Ourense | 14 de febreiro |
Vilagarcía de Arousa | 19 de febreiro |
A Coruña | 20 de febreiro |
A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de coñecer os recursos existentes da Secretaría Xeral de Emprego para emprendedores e para técnicos en materia de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
Rógase a inscrición a través deste enlace, no teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.gal.