Publicada a Orde pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura no 2021
Mediante a Orde do 2 de outubro de 2020 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ven de regular os 10 domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán abrir ao longo do 2021.
Estas datas son as seguintes:
- 3 de xaneiro
- 10 de xaneiro
- 1 de abril
- 31 de outubro
- 28 de novembro
- 5 de decembro
- 8 de decembro
- 12 de decembro
- 19 de decembro
- 26 de decembro
Máis información no seguinte enlace:
