Publicadas as novas bases de cotización ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos 2022

O 31 de marzo de 2022, o Ministerio da Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática publicou no Boletín Oficial do Estado a Orde PCM/244/2022, do 30 de marzo pola que se desenvolven diversas normas legais no relativo á cotización á Seguridade Social e máis concretamente en materia de cotizacións sociais, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2022.

Así, á marxe da regulación de diversos aspectos relativos tamén ao Réxime Xeral da Seguridade Social, a mencionada Orde establece as novas bases e os tipos de cotización por continxencias comúns e profesionais do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) e demais por conta propia.

En canto aos tipos de cotización establece, como norma xeral para o RETA, no ano 2022 serán as seguintes:

O 28,30% para as continxencias comúns.

O 1,30% para as continxencias profesionais (0,66% por incapacidade temporal e o 0,64% por incapacidade permanente e morte e supervivencia).

Asi, a base mínima de cotización sitúase nos 960,60€ mensuais, mentres que a base máxima fíxase en 4.139,40€ mensuais.

Estes mesmos tipos de cotización serán tamén de aplicación xeral ás persoas traballadoras incluídas no Réxime Especial do Mar por conta propia.

En canto ás persoas traballadoras autónomas integradas no Sistema Especial de Traballadores Agrarios por conta propia, terán como tipo de cotización por continxencias comúns o 18,75% (se optaron por unha base de cotización comprendida entre 960,60€ e 1.152,60€ mensuais) ou do 26,50% (se a súa base de cotización fose superior a 1.152,60€ mensuais).

Por último, detalla tamén a cotización por formación profesional, por cesamento de actividade e durante a situación de Iincapacidad temporal ( IT) das persoas traballadoras autónomas transcorridos 60 días. Así se fixa no 0,31 o coeficiente para aplicar ao total de cotas por cesamento de actividade que correspondan ao Servizo Público de Emprego Estatal, para sufragar as cotas por todas as continxencias durante a situación de IT con dereito a prestación económica que deba asumir, a dita institución, transcorridos 60 días na devandita situación desde a baixa médica.

Deste xeito, os tipos de cotización para a prestación por cesamento de actividade fíxase en:

O 0,90% para o RETA e Réxime Especial do Mar.

O 2,20% para o Sistema Especial de Traballadores por conta propia Agrarios.


Publicación BOE