16ª Edición dos Premios Emprende XXI

A Xunta de Galicia colabora con CaixaBank e Enisa na difusión da convocatoria para a 16ª edición dos Premios EmprendeXXI, dirixida a startups innovadoras e de base tecnolóxica con elevado potencial de crecemento, creadas a partir de xaneiro de 2019.

Os Premios EmprendeXXI, repartirán máis de 700.000€ en premios nesta edición. Ademais, ofrecen a oportunidade de asistir a programas de formación e a posibilidade de establecer networking a nivel internacional.

Se es unha empresa de base tecnolóxica e innovadora, agora podes convertela, tamén, nunha start-up que terá a porta aberta a un mundo de oportunidades coa 16ª edición dos Premios EmprendeXXI.

As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 5 de decembro de 2022.


Máis información