Publicado o RD que modifica o Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social

Mediante este Real Decreto, do 9 de xullo, polo que se modifica o Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 2064/1995, do 22 de decembro modifícanse os artigos 44 (bases de cotización) e 46 (regularización anual da cotización) do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social.

Coa posta en marcha do novo sistema de cotización para as persoas traballadoras autónomas, era preciso efectuar determinadas precisións no desenvolvemento regulamentario do sistema que se efectuou a través da modificación do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social.

Deste xeito, modifícase o artigo 44 do devandito Regulamento en canto a:

  • Aspectos relativos á base aplicable nos supostos de altas presentadas fóra de prazo e nos períodos incluídos en actas de liquidación por falta de alta promovidas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social.
  • Que para o cálculo da cota resultante do procedemento de regularización, han de ser tidos en conta non só os rendementos derivados das actividades económicas, empresariais ou profesionais do traballador autónomo, senón tamén outras circunstancias concorrentes que son determinantes da contía da devandita cota.

Adicionalmente, en canto ao procedemento de regularización anual da cotización este RD tambien detalla o seu modo de efectuala.

Acceso ao RD na seguinte ligazón.


Real Decreto 665/2024