Subvencións do programa Galicia suma talento: Plan de formación empresas

- 07/01/2026
- 01/12/2026
-
Etapa
TR301P - Subvenciones do programa Galicia suma talento: Plan de formación empresas - 2026
Data de publicación: 07/01/2026
Data inicio de solicitude: 14/01/2026
Data remate de solicitude: 01/12/2026
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para as accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación.
Enténdese por unidade formativa da empresa a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos establecidos, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.
Estas axudas terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.
Serán subvencionables as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia que garden relación coa actividade empresarial das empresas e entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral, así como as accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C.
En aplicación do disposto no punto 1 deste artigo, poderán solicitarse especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, así como ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C..
Características da axuda
Establécense dúas liñas de unidades formativas en empresas:
Liña 1: Accións formativas do Catálogo de especialidades formativas.
Liña 2: Accións formativas do Sistema de formación profesional.
Poderán ser obxecto de financiamento as especialidades formativas que se determinen no anexo III desta convocatoria, e coa contía que nel se estableza, así como os módulos formativos transversais que se impartan asociados a estas.
No punto 1 do citado anexo establécense as contías por área profesional, polo que serán subvencionables todas as especialidades formativas do Catálogo de especialidades do SEPE desas áreas. No punto 2 do anexo III indícanse os graos C subvencionables. A inclusión dun grao C nese anexo implica a subvencionabilidade dos graos A e B contidos neste.
De ser o caso, para os módulos formativos transversais que se impartan na modalidade de teleformación será de aplicación o 70 % do importe do módulo económico presencial €/hora por persoa alumna, cunha contía máxima de 7,5 €.
Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade establécese un custo unitario de 16 € por hora lectiva.
Para os gastos destinados a promover a adecuación das condicións físicas e/ou tecnolóxicas, e a dotación de recursos materiais e medios didácticos apropiados ás persoas con discapacidade, establécese unha contía máxima por persoa alumna de 500 €.
A formación en empresa financiarase con 3 € por alumna ou alumno e hora de prácticas efectivamente titorizadas, que se destinarán ao financiamento dos custos da actividade da titorización e ao relativo á subscrición dunha póliza colectiva de accidentes de traballo e de responsabilidade civil.
Excluiranse deste cómputo as horas correspondentes á formación en empresa non realizada polas persoas participantes exentas.
As persoas interesadas poderán presentar unha única solicitude por liña que incluirá todas aquelas accións formativas para as que solicitan subvención de cada unha das liñas.
Unha vez iniciadas un mínimo do 50 % das accións formativas concedidas, a beneficiaria poderá presentar unha nova solicitude de subvención de acordo co criterio establecido no anterior parágrafo.
Cada acción formativa incluirá, formalizado con base no disposto, un compromiso de contratación do 60 % do alumnado aprobado e/ou formado, en contratos cunha duración mínima de 6 meses, ou do 40 % se a contratación é por un período igual ou superior aos 12 meses, arredondado, en ambos os casos, ao enteiro superior se a primeira cifra decimal é igual ou superior a 5.
Non se poderán combinar ambos tipos de contratos nunha mesma acción formativa.
O número máximo de participantes por acción formativa, nos casos en que as instalacións cumpran os requisitos que posibiliten esta capacidade e a especialidade formativa o permita, será de 15 persoas.
Cada acción formativa do Catálogo de especialidades formativas do SEPE que se vai subvencionar poderá ter unha duración máxima de 300 horas. Excepcionalmente, logo de petición xustificada da beneficiaria, poderá autorizarse un número superior de horas formativas, sen que este incremento de horas supoña un aumento da subvención.
No caso de accións formativas do Sistema de formación profesional, graos A, B e C, serán subvencionables a totalidade das horas do certificado profesional e os módulos transversais que se impartan.
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e as agrupacións temporais de empresas, entendendo esta última cando distintas empresas pertencentes a un sector ou actividade acrediten a correspondente agrupación mediante un acordo ou convenio entre elas.