O Diario Oficial de Galicia publica as axudas do Bono Autónomo con apoios de ata 3.000€ para a mellora da competitividade
Hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas do Bono Autónomo, que a Xunta vén de aprobar por terceiro ano consecutivo con axudas de ata 3.000 euros para apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional das persoas traballadoras por conta propia que contan cunha antigüidade superior aos 42 meses. A Administración autonómica prevé beneficiar a 1.300 persoas traballadoras a través dun orzamento que alcanza os catro millóns de euros, un máis que ao longo do pasado exercicio.
A actuación conta con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade das persoas autónomas. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se poderán aprobar axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.
Financiarase, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio. Este ano tamén financiarase como novidade a adquisición de mobiliario.
A iniciativa forma parte da Estratexia Autónomo 2020, que inclúe iniciativas baseadas no diálogo con este sector estratéxico para Galicia co obxectivo de impulsar o seu crecemento, a súa consolidación e a súa competitividade. Neste intre, ademais do Bono autónomo, destacan outras liñas de actuación como a Oficina do autónomo ou as axudas para a conciliación, o inicio de actividade, a contratación de ata tres persoas asalariadas e os apoios ás asociacións de persoas autónomos. Nestas iniciativas investíronse o pasado ano máis de 24 millóns de euros, o que permitiu favorecer o labor de 6,555 persoas traballadoras por conta propia.
Dende este enlace se pode consultar a ficha da convocatoria deste ano 2019.