Aberta unha nova convocatoria do Programa Re-acciona do IGAPE

A túa empresa ten unha nova oportunidade para solicitar as axudas económicas de Re-acciona, ofertadas polo Igape, Gain e Amtega para que poidas adaptarte ó novo contexto empresarial.

O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A dixitalización, a innovación, a profesionalización ou a estratexia, cal é a túa necesidade?

A convocatoria de Re-acciona pivota sobre:

  • Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
  • Profesionalización. Neste caso, as pemes (calquera que sexa a súa forma xurídica) descubrirán como optimizar a súa estrutura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
  • Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade. Tamén é posible conseguir solucións de xestión empresarial en mobilidade.
  • Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.

Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto dende hoxe e ata o 4 de marzo.

A solicitude debe realizarse a través da oficina virtual do Igape.


Ficha informativa