XX edicion de GALICIATIC 2022: Crecemento, dixitalización e eficiencia
A Xunta de Galicia participa na XX edición de GALICIATIC, organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), que terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago, os próximos 19 e 20 de outubro.
O lema elixido para este ano "Crecemento, dixitalización e eficiencia" son novos retos que se presentan ao sector TIC, especialmente nun momento de incerteza, pasada a crise pandémica que sufrimos e ante novos escenarios complexos de inflación, risco de recesión, impacto na globalización, escenario de guerra que obriga a empresas, organizacións e persoas traballadoras a abordar situacións novas nun contexto completamente descoñecido.
Neste contexto Galiciatic quere colaborar no coñecemento dos devanditos retos que se presentan ao sector TIC, pero tamén ás empresas industriais e de servizos en Galicia.